Ames rexistra case 650 entradas no punto limpo

Punto Limpo
El Correo Gallego
Imaxe do punto limpo de Ames, sito no polígono. Foto: C.A.

AMES. O punto limpo de Ames rexistrou un total de 638 entradas durante o mes de outubro. Nesta ocasión a veciñanza depositou sobre todo equipos eléctricos e electrónicos, pneumáticos fora de uso e envases vacíos contaminados. O punto limpo está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e sábado e atópase no Polígono Novo Milladoiro. Dende o goberno local lembran que para a recollida de voluminosos e aveños a domicilio, a cidadanía ten que chamar ao número de teléfono 981 191240. A.P.