Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer

A Casa do Concello iluminarase de cor verde coa intención de ser partícipes na campaña de sensibilización desta enfermidade
Alzheimer
El Correo Gallego
Cartel da campaña de concienciación do alzheimer. Foto: Concello de Ames

Ames. Hoxe, 21 de setembro, é o Día Mundial do Alzheimer. Por este motivo, estar tarde – noite, a Casa do Concello iluminarase de cor verde coa intención de ser partícipes na campaña de sensibilización desta enfermidade.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, súmase así a convocatoria realizada pola Confederación Española de Alzheimer, coa pretensión de facer visible as consecuencias directas e indirectas que ten esta enfermidade. O edificio administrativo tinguirase de verde mostrando o seu apoio ás reivindicacións propostas pola CEAFA.

CONMERACIÓN VIRTUAL. Este luns 21 de setembro, ás 17.00 horas, a Confederación Española de Alzheimer vai realizar unha xornada virtual para conmemorar o Día Mundial de dita enfermidade. A Presidenta de CEAFA, Cheles Cantabran, xunto con expertos da área sanitaria e social, abordarán temas como o estado actual da Lei de Dependencia, as consecuencias da COVID-19 nas persoas con Alzheimer e o seus familiares e coidadores. A participación é de balde e ten un aforo de 500 participantes. Para rexistrarte nesta xornada debes premer na seguinte ligazón: https://forms.gle/NcZgcmPRkJdRcMvr9

A DEPENDENCIA FÓRA DA LEI. Baixo o lema de 2020; `A Dependencia fóra da Lei´ a Confederación Española de Alzheimer pretende reivindicar os aspectos específicos e medidas que a lei debe articular para mellora a atención ás persoas que sofren esta enfermidade, así como outras demencias.

CEAFA insta a reflexionar e actuar fronte aos baleiros legais existente relacionados co Alzherimer. Considera que se debe valorar, recoñecer e outorgar os beneficios da Lei de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia dende o momento do diagnóstico, independentemente da fase da enfermidade.

Ademais, a Confederación reivindica que, á hora de desenvolver as sesións de valoración, deberían establecerse mecanismos específicos que se centraran no estudio non só do paciente, senón tamén do seu coidador principal.