Amessán anima a que os maiores se sumen ó coro

persoas maiores
El Correo Gallego
Algúns dos compoñentes do novo coro que impulsa o voluntariado amesán. Foto: OVA

A Maía. Gústache a música? Ven cantar con nós é o lema baixo o que a Oficina de Voluntariado de Ames invita á veciñanza do Concello a unirse ao novo coro de Bertamiráns, que forma parte do programa Amessán.

O obxectivo é reunir a diferentes persoas interesadas no mundo do canto co fin de realizar unha actividade en grupo e promover a estimulación cognitiva a través da música. O coro comezou os ensaios o pasado xoves, 1 de decembro, e xa conta con 19 participantes. A agrupación reunirase todos os xoves, de 19.30 a 20.30 horas na Casa dos Maiores de Bertamiráns, e está dirixida polo xornalista, locutor, presentador de televisión e compositor Xosé Luís Blanco Campaña que ao longo da súa traxectoria ten composto máis dun cento de cancións de música popular para artistas de renome como a gran Ana Kiro ou Sito Mariño.

Para sumarse hai que ter máis de 60 anos e ir á OVA ou chamar ao número de teléfono 662 37 70 44. cg