Animan a descubrir todos os segredos do Courel

excursión
M.M.
A Devesa da Rogueira, ubicada en Folgoso do Courel, marco da excursión. Foto: XDG

A MAÍA. O Concello de Ames programa unha excursión ambiental á Devesa da Rogueira, xoia ecolóxica da Serra do Courel, para o sábado, 16 de outubro. Os autobuses sairán de Bertamiráns ás 08.30 horas e do Milladoiro ás 08.45. Os participantes deberán levar a comida da casa, ademais de calzado e roupa cómoda. A ruta é de dificultade media alta e dura 5 horas. Ademasis, xa poden inscribirse por correo electrónico (en auladanatureza@concellodeames.gal).

A Devesa da Rogueira abrangue tres quilómetros cadrados de bosque primario e unha impresionante diversidade arbórea. A fauna non desmerece da flora. Os regatos que baixan formando fervenzas acollen especies endémicas do norte peninsular como o tritón ibérico e a ra patilonga. Este entorno acolle, entre outras especies, corzos, martas, donicelas e gatos de monte.

A ruta, de nivel medio-alto, pasa por 3 quilómetros de bosque que albergan unha enorme diversidade. m.m.