Animan a sumarse á listaxe de locais hostaleiros amesáns con reparto

Hostalaría
O.D. Vilar
Un dos establecementos con servizo a domicilio que figuran no listado amesán. Foto: CG

Ames. Despois dos cambios normativos polas restricións decretadas para a hostalaría, a consecuencia da nova normativa de loita contra a COVID, a Concellaría de Promoción Económica amesá volveu poñer en marcha unha iniciativa de apoio á restauración local, que consiste na elaboración dunha listaxe na que aparecen todos os establecementos hostaleiros que ofrecen durante este período servizo de recollida no local ou reparto a domicilio. As cafeterías, bares e restaurantes que desexen aparecer poden enviar un email (a promocioneconomica@concellodeames.gal), e deben indicar o nome do negocio, o seu número de teléfono, o enderezo e, no caso de tela, o enderezo da web. Ao fío, algún restaurante dirixiuse xa a este xornal demandando atención directa por parte do Concello ao respecto da iniciativa. o.d. vilar