Anotación para as sesións de contacontos de xaneiro a febreiro nas bibliotecas

Contacontos
M. Outeiro
Unha concorrida sesión de contacontos nas bibliotecas municipais de Ames. Foto: CDA

A Maía. A proposta de animación á lectura infantil Parabéns para ti pensada para os meses de xaneiro e febreiro chega ata as as bibliotecas das dúas urbes de Ames. Trátase de sesións de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, que fará tres paradas en cada un destes centros municipais de lectura. Concretamente, en Bertamiráns estará os días 17, 18 e 19 de xaneiro, mentres que no Milladoiro parará os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro, sempre ás 17.30 horas. O prazo de inscrición para participar nas sesións na biblioteca de Bertamiráns estará aberto entre o vindeiro luns, día 9, e alongarase ata o 14 de xaneiro. Para inscribirse é preciso chamar ao número 981 88 48 29 ou enviar un correo ao email biblioteca@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e idade dos cativos que vaian a acudir, así como un teléfono. M. Outeiro