Anotacións nos talleres de sexo e compresas de tea

Sexualidad
O.D. Vilar
Elaboración dunha compresa reutilizable con materiais textís como os do taller. Foto: I. Verdes

ames. Mozos de calquer sexo terán a oportunidade o sábado, 9 de outubro, de participar nos obradoiros MenstruAmes de elaboración de compresas de tea e Sexting, como o fago? no que se informará sobre o xeito seguro de abordar esta práctica e os seus riscos.

Ámbolos dous talleres están dirixidos a persoas a partir de 16 anos e enmarcanse no Programa de sexualidade positiva e saudable [con]sentido que da resposta á demanda da mocidade nos Orzamentos Participativos do ano 2020. O obradoiro de sexting desenvolverase no Pazo da Peregrina entre as 11.00 e as 13.00 horas e o de elaboración de compresas realizarase no mesmo espazo entre as 16.30 e as 20.30. Son de balde e teñen prazas limitadas. As persoas interesadas poden anotarse xa no enderezo electrónico con.sentido@agasex.org, e a ficha de inscrición está na web. O sexting consiste en enviar mensaxes, fotos ou vídeos sexuais, e pode conlevar riscos. O. D Vilar