Anotacións para as saídas na procura de cogomelos

Cogomelos
M.M.
Imaxe de arquivo dunha mostra de cogomelos amesá despois dunha saída. Foto: CDA

Ames. Seguen as actividades de outono da Aula da Natureza de Ames, destacando que entre outubro e novembro ten previsto impartirse a actividade Outono de cogomelos, que consta de tres saídas para recoller fungos que se realizarán o 1 e 15 de outubro e 26 de novembro.

Estas inciativas buscan a mellora do coñecemento sobre estas especies típicas do outono, e trátase dunha actividade aberta a todos os públicos, que inclúe autobús dende as dúas urbes amesás. Para sumarse hai que enviar a ficha de inscrición que aparece na web municipal por email, ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A primeira saída (1 de outubro) será de 10.30 a 17.30 horas, e caben anotacións ata o 29 deste mes. A segunda (sábado 15 de outubro), chegará en horario de 10.00 a 14.00 horas pola ruta do Tambre (inscricións do 3 ao 13 de outubro), e a terceira saída será o sábado 26 de novembro, de 10.30 a 17.30 horas, con prazo entre o 14 e 24 de novembro. M.M.