Anova Dubra esixe xa a traída para Bascuas e a aldea de Maxais

Abastecemento de auga
C.G.
Entorno de Bascuas, unha das localidades que continúa á espera de que chegue a traída. Foto: GM

Val do Dubra. Anova Dubra considera “inadmisible o atraso de dous anos nas obras de abastecemento ás aldeas de Maxais e Bascuas”. Esta actuación, cun importe de base de licitación de 165.000 euros foi contratada, no mes de abril de 2019, polo anterior equipo de goberno liderado por Antonio Negreira. Agora, e “sen ningún tipo de xustificación ao actual executivo non a inicia ata finais do 2020 e na actualidade aínda a empresa adxudicataria, co consentimento dos responsables municipais de obras, seguen sen rematar os traballos”.

Anova “comprende e comparte” o mal estar e a indignación dos veciños e considera inadmisibles estes atrasos inxustificados que seguen a privar ás familias de contar con auga potable pública para consumo, pois ata o momento a empresa que xestiona a auga municipal non realizou os correspondentes enganche; o que obriga a que moitas casas se vexan abrigadas a seguir mercando auga para consumo domestico. Así mesmo, a lentitude a paralizacións repetidas do acondicionamento do interior da aldea de Bascuas están a causar grandes molestias. C.G.