Antía Valle gaña o certame de postais de Nadal vedrés

Nadal
Claudina Estévez
Postal gañadora. Foto: C.V.

VEDRA. Vedra conta xa coa súa tradicional postal para felicitar as festas, grazas ao seu Concurso de Tarxetas de Nadal que convoca anualmente para nenas e nenos de ata 12 anos. Nesta edición foron 186 as postais recibidas, que competiron en cinco categorías diferentes por idade. De entre todas elas escolleuse a de Antía Valle, de 11 anos, e a súa converterase na felicitación oficial do Concello vedrés. Na categoría de preescolar gañou Uxía Aleixandra Fernández; na infantil Alejandra Louzao; na de 1º e 2º de Primaria Daniela Rodríguez, na de 3º e 4º de Primaria Julia López; e na de 5º e 6º de Primaria Antía Valle (a escollida como felicitación). Todas as persoas participantes recibirán un agasallo de participación e os gañadores o seu premio o vindeiro domingo 18 deste mes ás 17.30 horas no centro sociocultural da vila. Rematado este acto, o público en xeral poderá gozar do espectáculo visual con pompas de xabón chamado Cleaners. C.E.