Apego propón achegarse á lingua con cancións, ditos e recitados este día 27

Actividades
M. Outeiro
Participantes nunha das actividades coa rapazada que organizou Eduvía. Foto: Eduvía

A Maía. Xa están abertas as inscricións para Cantando con raíz, a nova actividade que organiza o departamento de Normalización Lingüística de Ames dentro do programa Apego, e na que a cativada poderá aprender cancións, ditos e recitados para achegarse á lingua dun xeito natural e divertido.

O taller, dirixido a familias con nenos de entre 0 e 6 anos, desenvolverase na casa da cultura do Milladoiro o venres, 27 de xaneiro, ás 18.00 horas. Para participar cómpre inscribirse, ata o xoves 26, enviando un correo ao email normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das nenas e nenos. O taller correrá a cargo de Eduvía, empresa educativa, que conta con máis de vinte anos de traxectoria e caracterízase polas súas orixinais actividades, cunha clara compoñente formativa e están enfocadas no desenvolvemento persoal. M. Outeiro