Apoio do BNG á protesta a prol da planta de Servia

Reciclaxe
O.D. Vilar
Membros do BNG que apoian aos atraballadores da planta de reciclaxe de Servia. Foto: BN

Lousame. O BNG amosa o seu firme apoio ao persoal da planta de reciclaxe de Servia (Lousame), e os seus representantes en todas as localidades que forman parte da Mancomunidade Serra do Barbanza coinciden en que “non se poden poñer en risco os postos de traballo dependentes da planta de reciclaxe” e tamén “na necesidade de que as administracións mostren implicación para que se acometan os investimentos necesarios para mellorar a planta.

A reivindicación do persoal terá lugar este domingo, día29, partindo ás 11.00 horas do porto deportivo de Portosín e continuando ás 12.00 cunha manifestación que irá dende a igrexa de Noal ata o consistorio sonense. Dende a formación nacionalista queren convidar a que toda a veciñanza mostre o apoio ao persoal laboral nunha cuestión que o BNG entende “prioritaria para un futuro sustentable na nosa área xeográfica”, apostando por un modelo descentralizado. O.D. Vilar