Aproban a mellora e ampliación de accesos ao núcleo de Eirapedriña coa Deputación

Infraestuturas viarias
M. Outeiro
Un dos accesoa ao núcleo de Eiraperiña, no Concello de Ames, que se van mellorar. Foto: CDA

Ames. Os accesos e a contorna do núcleo de Eirapedriña, na parroquia de Bugallido, van ser acondicionados cun investimento de 162.708,24 euros con cargo ao POS+ 2021 da Deputación, e abrangue reformas nuns 1.700 metros de estrada, que irán dende o acceso a Framán ata o límite co Concello de Brión.

Así, na estrada principal, e ao longo dun treito de 950 metros ata Brión, mellorarase a pavimentación, cunha nova capa de asfalto e reparación de fochancas con grava e tratamento asfáltico. Nun tramo de 125 metros tamén se ampliará a estrada cun ancho medio de un metro. Ademais, no extremo norte deste viario executarase unha senda peonil de 280 metros de longo e 2,3 metros de ancho, mentras que na zona sur da actuación, na maior parte dun treito de 750 metros no ramal de acceso ao lugar de Framán, realizarase unha nova mellora de capa de rodaxe, e nos primeiros 80 metros ampliarase a plataforma. M. Outeiro