Aproban a renovación das vías interiores en Pedras

Infraestruturas viarias
O.D. Vilar
Unha das estradas interiores do núcleo de Pedras, situado na parroquia de Ames. Foto: CDA

Ames. O tripartito amesán aprobou a mellora viaria da aldea de Pedras, situada na parroquia de Ames, que se licitará por 76.887,08 euros con cargo ao plan POS+2021 da Deputación. E vaise incluír o acondicionamento de tres treitos de estradas interiores, que suman un total de 675 metros. Na totalidade do ámbito de actuación procederase á mellora da pavimentación, cunha nova capa de asfalto e coa reparación de fochancas con grava e tratamento asfáltico. Deste xeito, a meirande parte do renovado viario terá unha anchura de 3 metros, con tramos máis reducidos de maiores dimensións, na zona sur e na oeste, onde o ancho aumentará aos 4,7 metros e aos 3,5 metros, respectivamente. Ademais, nesta zona oeste construirase unha senda peonil de 200 metros de lonxitude e 2 de anchura media, cunha gabia transitable de 180 m. que se executará con saburra e pavimento de formigón. Tamén instalarán arquetas para drenar a plataforma. O.D.V.