Arde unha vivenda sen danos en persoas na localidade bañesa dos Barreiros

Incendio
C.G.
A estrada AC-546 ao seu paso pola localidade bañesa de Os Barreiros. Foto: MG

Os Bombeiros de Barcala-Xallas acudiron a unha vivenda da Baña que estaba a arder, pero sen que se rexistraran danos en persoas, pasadas as 15.00 horas deste domingo. Xa no lugar, a localidade dos Barreiros (a pé da AC-546), observaron que o lume, previsiblemente orixinado polos restos dunha parrillada, estaba controlado. Afectou ó aislante dun depósito de auga, unha caldeira, distintas tubaxes de auga e ó piso superior de madeira. A súa intervención consistiu en refrixerar e apartar combustible, comprobando puntos quentes do recinto, dedicado a labores gandeiras. Tamén acudiu a Garda Civil.