As expropiacións para a senda de Santa Catalina ata A Ponte xa teñen datas

senda peonil
M.M.
Tramo entre Santa Catalina e a Ponte onde se vai construír a senda peonil. Foto: GM

Xallas. La Axencia Galega de Infraestruturas sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación (e para a formalización das de ocupación dos bens e dereitos afectados) polo proxecto de construción dunha senda na AC-404, no treito A Ponte-Santa Catalina, puntos quilométricos (p.q.) 1+880-2+330, no Concello de Santa Comba.

Será o 2 de xuño, das 10.30 ás 10.45 horas, na casa do concello, e a relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos nas dependencias municipais e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer n.º 2, 8.º andar, 15071 A Coruña), e tamén publicarase na páxina web da consellería. Xa o 12 de agosto, no consistorio entre as 10.30 ás 10.45 horas, chegará a formalización das actas de ocupación, que terá lugar logo de producirse o abono dos depósitos previos e indemnizacións previstas. M.M.