‘As pitas baixo a choiva’ aterrou en Boqueixón

Teatro
Claudina Estévez
Un momento da función ‘As pitas baixo a choiva’. Foto: C.B.

BOQUEIXÓN. A veciñanza de Boqueixón desfrutou da peza teatral As pitas baixo a choiva, de Teatro dos Ghazafelhos. Trátase dun divertido espectáculo familiar que puxo o punto e final á programación de Nadal. A historia presenta a Ludivina e Tereija, dúas pitas que viven no corral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, un neno que a veces xoga con elas, pero teñen medo de que ese día chova, pois cando iso pasa, Ricardiño perségueas ata pechalas no corral. Foi organizada polo Concello coa axuda da Deputación e Urdime. C.E.