Aspamite vén de adquirir os mobles para o seu local teense

Personas con discapacidad
M. Outeiro
Parte do mobiliario adquirido para o local de Aspamite en Teo. Foto: Aspamite

Teo. A Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo (Aspamite) vén de adquirir o mobiliario para o seu local social, inmoble que lles cedeu o Concello de Teo durante cincuenta anos.

A finalidade do investimento para Aspamite non era outra que mercar os mobles precisos para os obradoiros de autonomía persoal e talleres prelaborais que se realizan na súa sede. Para a súa adquisición, a entidade contou con anterioridade co financiamento da Xunta de Galicia, procedente da convocatoria de subvencións con cargo á asignación tributaria do 0,7 por cento do IRPF, que as persoas contribuíntes derivan marcando o X solidario na declaración da renda, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, e a cal xestionou Cogami.

A Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional (Aspamite) é unha organización sen fins de lucro e declarada de Utilidade Pública constituída en 1994 para a atención a persoas con diversidade funcional. Ademais, é membro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. M. Outeiro