Astronomía no monte de San Marcos, en Ames

El Correo Gallego
Cartel do evento. Foto: C.A.

AMES. A Aula da Natureza do Concello de Ames, en colaboración co experto en arqueoastronomía Antón Bouza, organizaron unha actividade de observación do ceo nocturno e de astronomía cultural. Esta actividade realizarase no monte de San Marcos e terá unha duración de entre 2 e 3 horas. Haberá dúas sesións, a primeira será este sábado 23 de xullo, mentres que a segunda desenvolverase o sábado 27 de agosto. Para chegar ao monte de San Marcos haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Hai que inscribirse. C.E.