Augas elimina un vertido de aguas residuais no lugar de Picaraña, Padrón

Medioambiente
S. E.
Vistas de A Picaraña, en Padrón

Padrón. A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais no lugar da Picaraña, en Padrón. Este vertido foi localizado nunha inspección rutineira levada a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas. A existencia deste foco correspondíase co efluente da fosa séptica para o tratamento das augas residuais asimilables a urbanas xeradas nunhas instalacións da zona. O persoal inspector de Augas informou ao titular da obriga de regularizar a situación mediante o correspondente expediente de autorización, ou ben a anulación do punto de vertido. Os técnicos da Xunta verificaron nunha recente inspección de seguimento á zona que xa se procedeu á anulación do punto de vertido mediante a correcta acometida coa rede de saneamento municipal existente no lugar. s. e.