Autónomos e microempresas padronesas terán axudas do Concello por importe de 230.000 €

Axudas
ARCA
Xente polas rúas de Padrón

Padrón. O Concello de Padrón destina un total de 229.083,67 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas radicadas no municipio. Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña. O principal obxectivo deste programa é impulsar a actividade económica e o emprego en Padrón e contribuír a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da covid-19, nas microempresas e autónomos, a través da financiación de gastos correntes.

O alcalde de Padrón explicou que “dadas as actuais circunstancias dende o executivo que dirixo consideramos imprescindible dotar de ferramentas e recursos aos nosos empresarios e comerciantes. O noso obxectivo é axudalos e contribuír a súa recuperación e viabilidade económica”.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publicou onte o anuncio da convocatoria desta liña de axudas. As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes por vía telemática a través da Sede Electrónica do concello de Padrón (https://sede.padron.gal), utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma. arca