Auxilian a un motorista ferido na Condomiña amesá

Accidente de tráfico
O.D. Vilar
A motocicleta no arcén da DP-0205, á altura da Condomiña, Ames. Foto: GES

Os membros de Emerxencias de Brión auxiliaron a un motorista ferido na noite deste martes na Condomiña, Ames. Foi pasadas as 21.30 horas cando recibiron unha chamada do 112 alertando de un piloto inconsciente tras sufrir un aparatoso accidente na estrada DP-0205. Cando chegaron, o accidentado xa non permanecía inconsciente, colocándoselle un collar de inmobilización ata a chegada da ambulancia, coa que o GES colaborou para extraelo na padiola. Colaboraron a Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Ames.