Axudas para as actividades das ANPA en 2020 e 2021

ANPA
M.M.
Unha creación dun obradoiro amesán de decoración navideña organizado pola ANPA. Foto: AAB

A Maía. Ames concedeu 24.085 € en axudas en apoio ás diferentes propostas das asociacións de nais e pais de alumnos (ANPA), como viaxes culturais, actividades extraescolares ou encontros.

Así, para as actividades levadas a cabo durante o ano 2020, a concellaría de Educación concedeu 12.516,89 euros, repartidos do seguinte xeito: A ANPA do CEIP Agro do Muíño recibirá 3.000 euros; a ANPA As Brañas do CEP de Ventín, 3.000 euros; a ANPA da Escola Infantil A Madalena, 352 euros; a ANPA do IES Plurilingüe de Ames, 385,86 euros; a ANPAMilla, do IES do Milladoiro, 3.000 euros; a ANPA Millapeques, da Escola Infantil do Milladoiro, 779,03 euros; e a ANPA San Mauro, do CEIP de Barouta, 2.000 euros.

E para o ano 2021 concedéronse outros 11.569,08 euros. A ANPA do CEIP A Maía obterá 747,60 euros; A ANPA do CEIP Agro do Muíño, 974 €; a ANPA As Brañas do CEP de Ventín, 2.494,24 euros; a ANPA da Escola Infantil A Madalena, 750 euros; a ANPA do IES Plurilingüe de Ames, 2.082,54 euros; a ANPAMilla, do IES do Milladoiro, 2.510,92 euros; a ANPA Millapeques, da Escola Infantil do Milladoiro, 235,18 euros; e a ANPA San Mauro (CEIP de Barouta), 1.774,60 euros. M.M.