‘Bailarinas’, a obra da vedresa Cristina Corral

Exposición
Claudina Estévez
Varias persoas admiran as obras en acuarela de Cristina Corral no centro sociocultural vedrés. Foto: C.V.

VEDRA. Ata o vindeiro día 13 de novembro, o centro sociocultural de Vedra acolle a exposición Bailarinas da veciña Cristina Corral Vázquez. Trátase dunha serie de obras en acuarela que nacen a raíz da situación da pandemia e de forma autodidacta. Cristina Corral desenvolveu así a súa faceta artística acadando un “resultado máis que meritorio”, apunta o Concello. A mostra está aberta de 17.00 a 21.00 horas, e existe a posibilidade de concertar outra hora no 981 814 691. Os traballos están á venda, e hai que preguntar no número anterior. C.E.