Berlai presentou o seu novo disco e abreu o Cultura dispersa de Rois
Rois. O programa A Cultura dispersa por Rois iniciou a súa andadura polas parroquias do municipio para animar as festas deste verán e para manter a aposta que fai pola cultura o Concello. O grupo Berlai presentou o seu disco diante dun público entregado e que completou o aforo habilitado, respectando a normativa sanitaria.
O concerto organizouse en colaboración coa Asociación de Veciños O Trovadoiro. Un home sentado foi o primeiro tema que tocou o grupo liderado por Xiao Berlai, durante o que cantou a historia que viviu hai sesenta anos un tío avó do guitarrista e voz do grupo roisense.
A Cultura dispersa por Rois e, en parte, está amparado pola Rede Cultural da Deputación, e naceu no mes de xuño do ano pasado, ademais, para apoiar á rede asociativa do concello e ás comisións de festas.
Deste xeito, a singular actividade cultural inclúe actuacións musicais, cine, teatro, maxia e contacontos, entre outras ofertas.
A intención do Concello de Rois ao pór en marcha este programa, segundo explicaron no seu día, é estender a programación cultural por todo o termo municipal e, ao mesmo tempo, evitar aglomeracións neste tipo de acontecementos. s. e.