Bertamiráns acolleu a Feira do Voluntariado

Voluntariado
Claudina Estévez
O evento celebrouse no Pazo da Peregrina. Foto: C.A.

AMES. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, puxo este sábado en valor “o traballo das entidades e persoas voluntarias para facer que a nosa sociedade sexa cada día mellor”. Díxoo na celebración da II Feira do Voluntariado de Ames, que durante toda a xornada se celebrou nas instalacións do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Pichel deu a benvida ás organizacións de voluntariado dos distintos ámbitos que participaron neste encontro, do que salientou a importancia que ten como punto de encontro para compartir experiencias, programas e proxectos. Ademais, a directora xeral sinalou que “a nosa comunidade é unha terra solidaria, chea de persoas dispostas a axudar de maneira desinteresada a quenes máis o necesitan ou a colaborar na difusión e conservación do amplo patrimonio cultural e natural que temos”. As entidades de voluntariado dadas de alta no rexistro da Xunta “superan o millar”, dixo. C.E.