Bertamiráns perde a unha centenaria

Centenario
C.G.
Igrexa e cemiterio de San Juan de Ortoño. Foto: horariodemisas.net

AMES. O municipio de Ames despedía este mércores a unha centenaria: Silvia Blanco Blanco, que faleceu aos 101 anos. Este xoves, o corpo será trasladado ás 10.45 horas dende o Tanatorio Apóstol de Bertamiráns á Igrexa parroquial de San Juan de Ortoño, onde se celebrará o funeral. Acto seguido recibirá sepultura no cemiterio de dita parroquia. Silvia Blanco deixa atrás aos seus fillos María del Carmen, Lourdes (ausente), Manuel e Fernando Torreira Blanco. Tamén aos seus fillos políticos Gerardo Proupín, Ernesto (ausente) e Rosa García. Igualmente aos seus netos Manuel, Ana e Chilo, Olga e Silvia, aos seus bisnetos (sete) e tataranetos (seis). A falecida era veciña de Paraxe do Porto, en Bertamiráns. c.g.