Boqueixón adquire unha desbrozadora para a limpeza das carreteras

Carreteras
El Correo Gallego
Fernández Munín, 1º esqd., e Sanjuás, 2º esqd., durante a recepción. Foto: C. Boqueixón

BOQUEIXÓN. Co obxectivo de optimizar “os labores de limpeza e desbroce dos viarios municipais, reforzando, tamén, a prevención contra incendios”, en verbas do rexedor boqueixanés Manuel Fernández Munín, o Concello vén de adquirir unha desbrozadora. Un apeiro no que se investiron 15.000 euros, e para o que contaron cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Vicepresidencia da Xunta. A desbrozadora está composta por unha trituradora móbil, o que permite que se adapte a diferentes tipos de terreo. De feito, segundo fontes municipais, está especialmente deseñada para terreos inclinados, polo que resulta ideal para os bordes das estradas. Durante o acto de recepción do apeiro, o alcalde estivo acompañado polo concelleiro de Servizos Xerais, Seguridade, Medio Ambiente, Vías e Obras,

Jesús Sanjuás. C.E.