Boqueixón e Vedra crean un programa con catro actividades no río Ulla

Colaboración
S. E.
Martínez Carrillo e Munín, primeiro e segundo pola dereita, xunto o río Ulla. Foto: C. B.

BOQUEIXÓN. O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e o de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, presentaron o programa Correntes do Ulla, unha iniciativa conxunta que inclúe catro actividades de piragüismo, pesca, sendeirismo e voluntariado ambiental abertas á cidadanía e relacionadas co río Ulla. Correntes do Ulla dará comezo o 9 de xullo coa única actividade de pago: o descenso do Ulla en piraguas. Un percorrido entre Ponteledesma ata a área de recreo de Agronovo. O número de prazas é limitado e as inscricións custan 20 euros, que inclúen piragua para dúas persoas, chaleco salvavidas e seguro. Do 15 ao 26 de xullo terá lugar o campo de voluntariado Unindo roteiros, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. Máis información e inscricións nas webs municipais: www.concellodevedra.gal e www.boqueixon.gal. s. e.