Boqueixón oferta 290 prazas distribuídas en quendas no Verán Activo

conciliación
S. E.
Os xogos forman parte das actividades do Verán Activo en Boqueixón

boqueixón. O Concello de Boqueixón vén de convocar o Verán Activo, un programa lúdico-educativo dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que permitirá ás familias conciliar a súa vida persoal e laboral. As actividades terán lugar do 23 de xuño ao 7 de setembro nas instalacións do Forte e do CPIP Antonio Orza Couto. O horario será de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, coa posibilidade de ampliación nos meses de xullo e agosto en caso de necesidade (ben adiantando a entrada ás 8.00 horas, atrasando a saída ás 15.00 horas ou ambas). O Concello convoca 40 prazas para a quenda do 23 ao 30 de xuño; 100 para a primeira quincena de xullo; 90 para a segunda; 40 prazas para agosto, e 20 prazas do 1 ao 7 de setembro. A inscrición estará aberta ata o 27 de maio. Os prezos son de 30 euros por semana, 60 por quincena e 120 por mes. s. e.