Boqueixón reparte 900 composteiros entre a veciñanza porta a porta

Reciclaxe
ARCA
Modelo de composteiro repartido por Boqueixón entre a veciñanza. Foto: C. B.

boqueixón. O Concello de Boqueixón leva repartidos máis de 900 composteiros entre a veciñanza, un reparto que durante o último mes acometeu porta a porta para que as familias do municipio poidan reciclar todos os refugallos orgánicos que producen e transformalo nun compost de calidade que pode ser reutilizado como abono da terra. A iniciativa supuxo un investimento de 60.000 euros. Aquelas persoas que aínda non o recibiran por non estaren nese momentos na casa, poden solicitar o seu composteiro no Concello (981 513 061) ou a través de compostaxe@boqueixon.com, achegando un formulario dispoñible na web municipal (www.boqueixon.gal). O alcalde, Manuel Fernández, destaca que “os principais obxectivos son fomentar a reciclaxe, minimizar a xeración de residuos e sensibilizar na importancia de coidar o medio”. arca