Boqueixón repartiu máis de 250 libros
á veciñanza

Día do Libro
ARCA
Un momento do espectáuculo ‘Filipa cos contos’

Boqueixón. A biblioteca municipal de Boqueixón conmemorou o Día do Libro co contacontos Filipa cos contos, espectáculo de animación de Bandullo Azul que reuniu a preto de corenta rapaces e rapazas. A rapazada desfrutou duns contos moi divertidos da man de Fran Campos e a súa amiga Filipa, un monicreque que o acompañou na narración de historias musicadas para toda a familia que mesturaban humor e tradición. De feito, a participación foi tan elevada que o espectáculo tivo que trasladarse por razóns de espazo da biblioteca ao colexio.

Esta actuación puxo o broche a unha semana na que os usuarios e usuarias da biblioteca puideron levar para casa un libro de forma gratuíta entre os expositores habilitados na biblioteca municipal. En total, entre o 19 e o 22 de abril se repartiron máis de 250 libros, o que demostra a gran acollida que tivo a iniciativa.

A oferta de títulos e xéneros para escoller era variada. Para os máis pequenos, libros de contos dos Bolechas ou de Disney, mentres que o público adulto puido elixir entre novela e ensaio, tanto en galego como en castelán. arca