Brión formará en agricultura e terá mercado todos os venres

Mercado
M.M.
Unha edición do mercado labrego Daquí Darredor no centro comercial Monte Balado. Foto: DD

A Maía. O Concello de Brión e a asociación Máis de Tres convocan dous cursos de formación sobre agricultura ecolóxica, de 60 horas cada un e que terán lugar na Aula da Terra do centro comercial Montebalado dentro do Plan de Formación do Agro Galego 2022 da Consellería do Medio Rural. Ambos os dous cursos son gratuítos, se ben o número de prazas é limitado. Máis información no teléfono 981 50 99 08, extensión 32.

O curso de Produción Agroecolóxica de Sementes Hortícolas Locais comezará o 24 de maio e terá lugar todos os martes, en horario de 16.00 a 20.00 horas, na Aula da Terra de Brión. E o de Reprodución de Sementes Hortícolas Locais vai arrincar no mesmo espazo unha xornada despois, a do 25 de maio, en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Por outra banda, o Concello de Brión e a asociación Darredor veñen de acordar a ampliación do Mercado Labrego Daquí Darredor, unha feira que se viña desenvolvendo os primeiros e terceiros venres de cada mes no terceiro andar de Montebalado. A partir deste mes de maio, o mercado terá lugar todos os venres, de 17.00 a 21.00 h. M.M.