Brión vai mellorar viais en catro das súas aldeas

Infraestruturas viarias
M.B.
Concelleiros de Brión nun momento da última sesión plenaria no consistorio. Foto: C.B.

Brión. O pleno municipal de Brión aprobou un expediente de modificación de crédito por 81.923 euros para acometer dous proxectos de mellora viaria en catro aldeas de catro parroquias do municipio. O primeiro dos proxectos é o da mellora e ancheamento das estradas municipais ao seu paso polas aldeas do Cabo (Os Ánxeles) e A Graña (Cornanda), no que o Concello investirá 283.474,92 euros. Trátase dun proxecto incluído no Plan Complementario do ano 2021 e o pleno aprobou dotar de orzamento a achega municipal: 34.268,07 euros. Así mesmo, investirá 47.655,25 euros de fondos propios na mellora de camiños en Ombre (Viceso) e Ardións (Luaña). Ademáis, a sesión plenaria acordou fixar o xoves 26 de maio (Ascensión) e o martes 27 de setembro (Santa Minia) como festivos locais para 2022 e aprobou a continuidade da actual empresa concesionaria da piscina municipal de Brión, cuxo contrato remata o vindeiro 15 de agosto. m.b.