Campaña e multas contra as deposicións de animais

Animales domésticos
M.M.
O edil Víctor Fernández, pola esquerda, co alcalde e o concelleiro Manuel Lens. Foto: CDA

Ames. Baixo o lema A cagada é NON recollela, as concellerías de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá amesás poñen en marcha unha nova campaña de sensibilización, que chega ante as reiteradas queixas recibidas na sede municipal relacionadas coas molestias causadas polos excrementos de cans, que supoñen un risco evidente para a saúde pública, provocan contaminación visual, olfactiva e acuática, e dificultan as tarefas de limpeza.

A campaña difundirase por redes sociais, colocaranse carteis en zonas de lecer e parques e colaborarase coa Policía Local para que reforce a vixilancia neste eido, podendo aplicar sancións dos 100 aos 500 euros.

O rexedor e os edís presentes coincidiron en que as persoas que non respectan as normas son unha minoría, que cometen “faltas de civismo recorrentes, que demostran ao frecuentar sempre as mesmas zonas”, sinalou o rexedor, Blas García, acusándoos de pouca capacidade de convivencia. M.M.