Ceden outra machada prehistórica ao Museo Terra de Xallas

Prehistoria
Xosé Manuel Lema
A antiga machada de combate que foi cedida ao Museo Terra do Xallas. Foto: Lema

Unha nova machada prehistórica foi cedida ao Museo da Terra do Xallas. Despois do achádego de San Salvador unha peza similar procedente dunha colección privada de Padreiro, na parroquia xalleira de Castriz, pasa a formar parte desta exposición. Segundo confirmou o arqueólogo Lino Gorgoso estamos diante “dunha machada de combate”.