Celebracións en Negreira dende o domingo ata luns

Fiestas
M.M.
Unha actuación da Banda de Música Ateneo de Negreira, que toca este domingo. Foto: Ateneo

Barcala. Festexos de Negreira e Concello divulgan as festas de Santa Margarida, que chegan este domingo e mailo luns (festivo local). Para o 18 está previsto, dende as 09.30 horas, o II Torneo de Petanca Concello de Negreira no parquin de Pedra Mámoa; pasarrúas de Os Garuleiros, misa na capela ás 10.15 horas e Festival de Bandas na praza do Concello ás 19.00 horas con Ateneo e a Banda de Música Ciudad de Ponferra. E o 19 volven os pasarrúas con Os Celtas; misa cantada ás 12.00 na parroquial e verbena na feira con Finisterre (22.00 h.). M.M.