Celebran os dez anos de tradición das alfombras florais na capital da Maía

Aniversario
M. Outeiro
María José Bello, primeira esquerda, autoridades e veciños detrás dunha alfombra. Foto: AA

ames. A Asociación Cultural San Xoanciño Alfombristas de Ames, xunto coa parroquia de Santo Tomé, celebran o vindeiro domingo 29 o décimo aniversario da tradición de elaborar alfombras florais no rural amesán.

Será a partir das 13.00 horas cando comece o acto institucional no entorno da capela do San Xoanciño, seguido dunha eucaristía de acción de grazas na honra da Virxe de Lourdes, sobre as 13.30 horas. Para esta xornada, e como non podía ser doutro xeito, vaise elaborar unha alfombra.

Hai que lembrar que foi a presidenta do colectivo cultural San Xoanciño Alfombristas de Ames, María José Bello, a que trouxo o costume de decorar con vexetación e pétalos de flor o entorno das igrexas durante as festas despois de aprender hai 10 anos en Celanova. E colabora con outras localidades e concellos. m. outeiro