Celébrase Galetiktokers para incentivar o galego

Galego
C.G.
Cartel de Galetiktokers. Foto: C.A.

Ames. A casa da cultura do Milladoiro acolle este sábado 5 de novembro, ás 19.00 horas, a gala de entrega de premios do certame Galetiktokers, unha iniciativa da concellaría de Mocidade e de Normalización Lingüística que se pon en marcha por terceiro ano consecutivo e que ten como obxectivo fomentar a creatividade da rapazada e animar a empregar o galego a través das redes sociais e das novas canles de comunicación. Nesta edición, o evento contará coa actuación da cantante Pauliña, e participarán tamén as

integrantes do xurado: a comunicadora audiovisual Noelia Francisco Lens, e a

tiktoker Sara Seco Rial. Os premios do concurso Galetiktokers suman este ano un total de 1.800 euros, repartidos en dúas categorías. A primeira engloba aos mozos de entre 13 e 16 anos, mentres que a segunda é para maiores de 17. Haberá seis vídeos gañadores en total. Deses 6, catro outórgaos o xurado e dous decídeos o público. C.G.