Chega a Bertamiráns o teatro con Manuel María

Teatro
C.A.
Unha das esceas da obra teatral ‘A lúa vai encuberta’ que chega este venres a Bertamiráns

ames. A lúa vai encuberta é a primeira das cinco obras que se representarán este mes de marzo en Ames, como parte da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2022. As compañías A Quinta do Cuadrante e Incendiaria darán vida a un texto orixinal de Manuel María sobre a realidade galega e a loita por conformarmos unha identidade propia. Será este venres 11, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas están xa á venda na billeteira electrónica do Concello de Ames. A proposta destas dúas compañías resultou gañadora da segunda edición do Premio Manuel María de Teatro, que galardoa cada dous anos á mellor proposta baseada nun traballo do autor. Esta obra é a primeira das cinco que se representarán en Ames en marzo. A semana que vén será a quenda de Asdomare, o xoves 17; e As que limpan, o venres 18. Pola súa banda, o xoves 24 e o venres 25 terán lugar Aibōe GOLFA, respectivamente. c.a.