Cogami sensibiliza sobre a discapacidade aos nenos e nenas de Vedra

Sensibilización
Claudina Estévez
Un momento da xornada de sensibilización no CPI Plurilingüe de Vedra. Foto: COGAMI

VEDRA. Un grupo de dez usuarios de COGAMI, acompañados de catro profesionais e unha persoa en prácticas do centro de recursos que a asociación ten en Medelo, desprazáronse ata o CPI Plurilingüe de Vedra para impartir unhas xornadas de concienciación e sensibilización sobre a discapacidade dirixida aos nenos. As aulas que participaron foron de Infantil, 3º de Primaria e 1º da ESO. Dende Medelo levaron preparadas actividades adaptadas a cada etapa como contacontos, xincanas multisensoriais e xogos sensibilizadores. “Esta actividade resultou ser moi participativa” posto que “as nenas e nenos puideron experimentar en primeira persoa como se despraza unha persoa usuaria de cadeira de rodas, como supera os obstáculos que atopa pola rúa e tamén como se guía unha persoa cega”, explican dende COGAMI. C.E.