Comeza o prazo para a devolución do saldo das tarxetas Merc@mes

Comercio local
ECG
Cola para facerse cos bonos na casa da cultura. Foto: CDA

AMES. O pasado martes 16 de novembro comezou en Ames a devolución da parte proporcional dos saldos das tarxetas bono, logo de que rematasen as dúas fases da primeira campaña. O 60 % do saldo que non foi gastado poderase reclamar á Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) ata o xoves 16 de decembro. Para facelo será necesario cumprimentar un formulario que se poderá recoller nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, nas oficinas de Servizos Sociais de Bertamiráns e na casa consistorial, ademais de poder descargarse na páxina web do Concello.

Na segunda fase da campaña Merc@mes a concellería de Promoción Económica puxo en circulación 2.800 tarxetas. Vendéronse 1.000 tarxetas de 50 € e 1.800 de 100 €, o que supón un total de 230.000 € destinados á promoción do comercio e da hostalería. JAVIER SALUTREGUI