Comezan coa mellora da avenida de Bertamiráns

Mejora de infraestructuras
M. Manteiga
Maquinaria pesada este luns no carril de subida de Bertamiráns a Aldea Nova. Foto: CG

A Maía. As obras de mellora do pavimento na avenida da Maía, en Bertamiráns, arrincaron este luns co fresado viario, xusto no comezo da subida cara a Aldea Nova.

O proxecto implicará que se producirán diferentes cortes na vía, o que obrigará a alteracións na ordenación do tráfico e posibles atascos en toda a avenida da Maía, polo que é aconsellable que se empreguen vías alternativas, aínda que o luns unicamente regularon o tráfico cun operario, xa que os traballos centráronse no carril de subida. De calquer xeito, as obras de asfaltado desenvolveranse sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan, xa que é imprescindible que non chova. Estas actuacións enmárcanse dentro do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Ames e a Axencia Galega de Infraestruturas para mellorar o firme da avenida da Maía e para transferir esta vía urbana ao Concello de Ames, investindo a Xunta un total de 140.101 euros. M. Manteiga