na Casa Rosalía

Música en vivo
S. E.
Antía Muíño

Padrón. Este domingo o auditorio da Casa de Rosalía, en Padrón, acolle ás 19.00 horas un concerto benéfico organizado pola adega Paco & Lola e protagonizado por Antía Muíño, destacada voz emerxente da música galega. O evento forma parte do ciclo de concertos Son & Sal, por terra e por mar que organiza esta adega en espazos emblemáticos como o son a Fundación Manolo Paz en Castrelo e a Casa-Museo Rosalía en Padrón, que será o punto de encontro da maridaxe entre a música de Antía Muíño e os albariños de Paco & Lola. Todo o recadado será en beneficio do banco de alimentos da zona, xestionado pola Federación Galega. Cada entrada inclúe a visita á casa. s. e.