Conmemoran o día da ELA na Maía e en 12 municipios

Conmemoración
M.M.
A casa do concello de Ames iluminada pola ELA nunha anterior ocasión. Foto: CDA

Ames. O Concello de Ames súmase á conmemoración do Día Mundial da ELA, que se celebra este martes 21 de xuño, iluminando a fachada do seu consistorio de cor verde. Con motivo deste día, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica-AGAELA, en colaboración coa Confederación Nacional de Entidades de ELA (ConELA), lanzaron a Campaña #LuzporlaELA, na que edificios e monumentos de toda España iluminaranse dese ton.

En concreto, na comarca tamén farán o propio os municipios de Negreira, Boqueixón, Brión, Carballo, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muros, Ordes, Padrón, Ribeira e Santa Comba. A meta pasa por visibilizar a enfermidade e apoiar aos doentes para concienciar á sociedade sobre as dificultades que lles ocasiona no día a día. En 2021 uníronse 256 concellos no Estado, iluminando 345 monumentos. E a nivel internacional, fíxose tamén en Colombia e Panamá.

A ELA é unha enfermidade neurodexenerativa incurable, progresivamente incapacitante e mortal nun prazo de 3 a 5 anos desde o seu diagnóstico. Pero isto só son datos obxectivos da enfermidade: a realidade é que cada día, tres persoas constatan que a sofren no Estado. m. m.