Constituída en Brión a mesa de coordinación sobre violencia machista

Violencia de xénero
ARCA
Integrantes da mesa contra a violencia de xénero en Brión. Foto: CB

BRIÓN. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abellá, e o alcalde de Brión, Pablo Lago, presidiron o acto de constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Brión. Trátase dun instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero co obxecto de procurar unha maior eficiencia na resposta contra esta lacra social. A mesa está presidida polo alcalde, e a xefa do departamento de Servizos Sociais de Brión, Victoria Varela Rodríguez, é a secretaria. Forman parte dela a concelleira de Servizos Sociais; o sarxento da Garda Civil de Brión; o xefe da Policía Local; a técnica de Intervención Familiar de Brión; Yolanda, médica de Atención Primaria; e responsables dos centros educativos. arca