Construción sustentable en madeira de piñeiro galego na zona de Biduído

Madera
M. Outeiro
Conde, segundo pola esquerda, na construción. Foto: XDG

A Maía. Francisco Conde, vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, salientou nunha visita á primeira vivenda passivhaus en Galicia –feita en Ames con madeira de piñeiro galego–, que a Xunta aposta por fomentar a construción sustentable en madeira local para xerar valor na industria forestal galega e no medio rural.

Conde achegouse ata a parroquia de Biduído para comprobar o avance das obras de construción desta vivenda, que a Xunta apoia a través da liña de axudas activada para impulsar o uso da madeira na construción. Unha liña de apoios que, cun orzamento de 1,6 millóns de euros, contribuíu a mobilizar 13 millóns para incentivar a utilización da madeira como elemento estrutural en máis de cen vivendas e locais comerciais (en concreto, 89 vivendas e 19 locais comerciais).

Esta casa en cuestión é un inmoble de alta eficiencia enerxética (de feito, as técnicas construtivas passivhaus permiten aforrar ata un 75 por cento das necesidades de refrixeración e calefacción), de deseño bioclimático e fabricada con materiais de baixo impacto ambiental feitos pola industria galega, como o CLT (madeira laminada cruzada) de Xilonor ou a madeira maciza para entramado de Hijos de Ramón Rubal.

Conde destacou que esta vivenda é a mellor abandeirada posible da marca Pino de Galicia, que é unha garantía de trazabilidade, calidade e sustentabilidade, as tres vantaxes competitivas. M. Outeiro