Continúa a renovación do firme na avenida da Maía

Infraestruturas viarias
M.M.
Obras de asfaltado na avenida da Maía á altura do desvío de Paraxó este martes. Foto: CA

A Maía. O Concello de Ames informa de que este mércores, 1 decembro, está previsto que se execute a terceira fase das obras de mellora do firme da avenida da Maía, despois de que o martes se extendera xa o asfalto entre a rúa do Muíño e o desvío a Lapido. Agora cortarase a estrada principal, desviando o tráfico pola rúa Lodeiro e rúa Ameneiral.

A realización destes traballos queda supeditada a que a climatoloxía sexa favorable e non chova demasiado. No caso de que caia moita auga, as actuacións da terceira fase poderían aprazarse. A mellora viaria pode ocasionar tamén certos atrancos na entrada e saída de garaxes –de feito, o mércores non se poderá empregar o situado no núm. 77 da avenida–, así como alteracións dos lugares nos que están situadas as paradas do bus urbano e escolar. As frecuencias dos transportes públicos, igualmente, poderán sufrir cambios no transcurso da execución dos traballos viarios máis complexos. M.M.