Continúan os Seráns de Tapia, desta vez con contacontos para nenos

Contacontos
Pedro Brea
Un momento da primeira sesión do programa Seráns de Tapia. Foto: Concello de Ames

Ames. O programa Seráns de Tapia, organizado pola concellería de Cultura, coordinado polas Bibliotecas Municipais, e en colaboración coa concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística, achega este xoves as Voces no Tambre, catro sesións de contacontos dirixidos a un público infantil e adulto. Os invitados lerán Conto contiño, Andar aos biosbardos e Lavandeiras. Trala exitosa inauguración o pasado 1 de xullo, Natividade González, concelleira de Cultura, agradece a boa acollida que tivo esta proposta: “Estamos moi contentos e contentas coa primeira xornada de Seráns de Tapia onde completamos aforo en todas as actividades. Alegrámonos de que a xente se achegue ata Tapia e aposte pola programación no rural e se dinamice este entorno natural e a nosa praia fluvial. Desexamos que a veciñanza siga mostrando o seu interese”. PEdro brea