Controlado o lume nunha cociña de Brión

Incendio
M. Outeiro
Un vehículo do GES de Brión e outro da Benemérita no entorno onde se rexistrou a alarma. Foto: GES

O GES de Brión acudiu a sofocar un lume provocado nunha cociña, sin rexistrarse feridos. Recibiron a alerta do 112 as 15.45 horas deste martes por un posible incendio urbano na avenida de Santa Minia (no seu municipio) e ao chegar, constataron que se tratou dunha pota ardendo na cociña nunha vivenda, e que o dono xunto a un veciño xa a apagaran. O seu traballo consistiu en asegurar a casa, comprobando a temperatura na cociña con cámara termica e facendo medicions con o explosímetro para asi comprobar a ausencia de gas butano da cociña, CO derivados do incendio e porcentaxe de osixeno no aire, estando todo ben e sen apenas perdas materiais. Tamen participou a Garda Civil de Brion.